Áreas

As áreas de traballo que están a funcionar a pleno rendemento son catro: autoformación, investigación, editorial e área de traballo europeo.

Liñas estratéxicas prioritarias da Fundación

Neste contexto, que será o escenario de intervención política das dúas próximas décadas, o noso traballo oriéntase á transformación social nun sentido emancipador e articúlase en torno a uns eixos que consideramos básicos. Isto é, a crise financeira global e a súa declinación europea, a aterraxe desta crise a escala estatal e metropolitana, así coma os procesos de explotación social desvelados desde as miradas dos feminismos heterodoxos e os puntos de vista decoloniais. Mais tamén, por suposto, a centralidade das ferramentas tecnopolíticas e das novas realidades culturais, de cara a entender e sondar ditas posibilidades de transformación.

A conxuntura descrita convídanos, ademais, a asignar un lugar principal a todo o relacionado coas apostas dirixidas a edificar unha nova institucionalidade. E isto tanto a escala local coma nos ámbitos estatal e europeo.

Comparte: